Axuda cofinanciada pola Unión Europea – Programa FSE+ Galicia 2021–2027

O Concello informa de que a presente axuda está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021–2027, dentro do Obxectivo Político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do Piar Europeo de Dereitos Sociais”.

Esta actuación inscríbese na Prioridade 5: Emprego xuvenil, e responde ao Obxectivo específico ES04.1, orientado a:

“Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil; das persoas desempregadas de longa duración e dos grupos desfavorecidos no mercado laboral; así como das persoas inactivas, mediante a promoción do emprego por conta propia e da economía social.”

A axuda corresponde á Medida 5.A.02: “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”, contribuíndo a crear oportunidades laborais, reforzar a formación e favorecer a inserción profesional da mocidade.

Para facilitar a difusión desta iniciativa, o Concello pon tamén a disposición da cidadanía o cartel informativo oficial asociado ao programa, que pode consultarse no documento adxunto

Apoio á atención Temperá en Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla foi beneficiario da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea a través dos Fondos Europeos, para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá durante os anos 2024 a 2026.

O obxectivo principal desta actuación é promover a autonomía persoal das nenas e nenos de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento, ofrecendo apoio especializado ás familias e favorecendo unha intervención temperá que mellore o seu benestar e adaptación.

Deste xeito, o Concello continúa a traballar pola inclusión social e a igualdade de oportunidades de toda a infancia de Antas de Ulla 👶👧🧒, garantindo que cada nena e neno poida medrar e desenvolver todo o seu potencial 🌈💪.

Planta de Xeración Fotovoltaica para autoconsumo en dependencias municipais

  1. Antecedentes:

Ao Concello de Antas de Ulla concedéuselle axuda económica, ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (DOG núm. 56 do 19/03/2024).

 

  1. Proxecto realizado

Instalación fotovoltaica fixa, sobre cuberta, coplanar, para autoconsumo colectivo con excedentes acollidos a compensación, sen acumulación, de 15,00 kW de potencia nominal de inversión e 20 kW de potencia pico de paneis.

O autoconsumo realizarase nas seguintes instalacións:

  • Casa da Cultura
  • Casa do Concello
  • CEIP Plurilingüe Antas de Ulla

 

  1. Consideracións Legais:

A axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa de Galicia FEDER 2021-2027, dentro da seguinte clasificación: Obxectivo Político 2 (Unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable), Prioridade de Investimento P2A (Transición verde), Obxectivo Específico RSO2.2 (Fomento das enerxías renovables de conformidade coa Directiva (UE) 2018/2021, en particular os criterios de sustentabilidade que se detallan nela), Liña de Actuación 2.2.01 (Incentivos as enerxías renovables térmicas e eléctricas), Operación “Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para el año 2024”, ámbito de intervención: 048- enerxía renovable solar, estando sometida ao disposto no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (RDC), no Regulamento (UE) nº 2021/1058, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ó Fondo de Cohesión (DOUEL231, de 30 de xuño de 2021), e o resto de normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento e execución e a Orde HFP/1414/2023, de 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

PLANTA DE XERACIÓN FOTOVOLTAICA PARA AUTOCONSUMO EN DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

Bases de participación no programa municipal de conciliación do Concello de Antas de Ulla 2025/2026

1. OBXECTO

As presentes bases teñen por obxecto regular a convocatoria e participación no PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE ANTAS DE ULLA 2025/2026, co fin de facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das familias con fillas e fillos menores ao seu cargo.

Este programa consiste en ofrecer ás familias que inician ou rematan a súa xornada laboral fóra do horario das actividades lectivas do centro escolar, un servizo de atención dentro do recinto do CEIP Plurilingüe Antas De Ulla que inclúe acollida, acompañamento educativo e lecer en igualdade.

As accións contempladas no PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE ANTAS DE ULLA 2025/2026 levarase a cabo por un equipo técnico especializado en ocio e tempo libre.

Este programa desenvólvese ao abeiro da subvención do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade Xunta de Galicia (Orde do 3 de xaneiro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B), suxeito ás normas de aplicación.

2. PERSOAS DESTINATARIAS. REQUISITOS

As destinatarias do programa serán familias con persoas menores de idade ao cargo que estean escolarizadas no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla e que precisen conciliar a súa vida laboral e/ou formativa coa atención ás crianzas.

2.1. Requisitos específicos:

  • Situación de activo laboral das persoas responsables legais
  • Familias monomarentais ou monoparentais en situación de activo laboral. Nos supostos de separación ou divorcio atenderase a que este requisito se cumpra respecto da persoa que se atope a cargo da persoa participante.
  • Familias vítimas de violencia de xénero.
  • Familias de especial consideración que acrediten, mediante informe técnico dos Servizos Sociais de atención primaria do concello de Antas de Ulla a necesidade de apoio no coidado das súas fillas/os.
  • Non padecer enfermidades infecto-contaxiosas nin trastornos de comportamento que poidan afectar ó desenvolvemento da actividade.
  • Aceptación expresa das presentes bases por parte da familia solicitante.

No caso de que a persoa participante precise apoio derivado da súa diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as necesidades especiais que presente. Neste caso realizarase unha valoración por parte do Concello de Antas de Ulla sobre a viabilidade da participación en función dos recursos dispoñibles e organización do programa.

3. DESCRICIÓN DO PROGRAMA

O PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE ANTAS DE ULLA 2025/2026 desenvolverase nas instalacións dispoñibles do concello de Antas de Ulla durante o curso escolar, con inicio o día 8 de setembro de 2025 ata o 19 de xuño de 2026, ambos incluídos, segundo establece a Orde do 8 de maio de 2025 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 92 do 15 de maio de 2025).

Non se prestará servizo os días que coincidan en festivo. Así mesmo, prestarase o servizo nos períodos non lectivos de Nadal, Semana Santa e días non lectivos e non festivos que coincidan de luns a venres.

Para a realización de saídas fóra das instalacións será preciso autorización expresa por escrito.

3.1. Servizos e horarios

Durante o período do curso escolar 2025-2026 o servizo de conciliación consiste en:

  • Conciliación mañá: servizo previo á actividade lectiva no que se desenvolven actividades de almorzo saudable, acompañamento educativo e lecer en igualdade. O almorzo será proporcionado polo Concello seguindo as recomendacións do Real Decreto 315/2025, de 15 de abril, polo que se establecen normas de desenvolvemento da Lei 17/2011, de 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, para o fomento dunha alimentación saudable e sostible en centros educativos. O límite de horario para administración de almorzo é ás 8:45h. O horario do servizo de mañá será de 7:30 a 9:30h.
  • Conciliación tarde: servizo de acompañamento nas tarefas escolares e lecer en igualdade posterior á actividade lectiva que inclúe servizo de merenda proporcionada polas familias. O horario será de 15:15h a 19:00h, con dúas quendas de recollida: unha primeira entre as 17:00h e 17:15h, e unha segunda ás 19:00h. A recepción das persoas participantes farase á saída do colexio polo equipo monitor e a recollida na porta das aulas do servizo entre o equipo monitor e as persoas autorizadas.
  • Períodos vacacionais non lectivos e non festivos (de luns a venres): horario de mañá de 8:30 a 14:30 horas.

3.2. Prazas

Ofertaranse un total de 20 prazas para o servizo de mañá, 30 prazas para a primeira quenda de tarde e 20 prazas para a segunda quenda de tarde.

Levarase un control de asistencia diaria co fin de garantir un uso responsable do servizo, non podendo superar o 20% de ausencias inxustificadas no período solicitado. A persoa que non xustifique estas ausencias perderá o seu dereito a desfrutar do servizo de xeito automático e a praza ofertarase á seguinte persoa en lista de agarda.

Consideraranse faltas xustificables: enfermidade acreditada da persoa participante ou outras de forza maior (cita médica, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata 2º grao, traslados familiares motivados, obrigas legais). A participación en actividades extraescolares non xustificará a ausencia durante toda a xornada.

3.3. Modalidades de participación

O acceso terá carácter regular e estable, non estando permitida a participación esporádica. Modalidades de uso:

  • Servizo mensual mañá e/ou tarde
  • Servizo quincenal mañá e/ou tarde (só en custodia compartida, sen alternancia irregular entre semanas).

Para o servizo de tarde poderase escoller a recollida na primeira quenda (17:00h a 17:15h) ou na segunda (19:00h).

En caso de renuncia deberá comunicarse antes do día 25 do mes anterior (modelo ANEXO II).

4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes e a documentación complementaria presentarase segundo o modelo normalizado ANEXO I ben por medios electrónicos ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Antas de Ulla ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes estarán dispoñibles nas dependencias de servizos sociais do Concello e no taboleiro de anuncios do Concello de Antas de Ulla.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de que continuasen quedando prazas sen cubrir, o proceso de inscrición quedará aberto durante o curso escolar, sendo necesaria a presentación de instancias como mínimo con 3 días de antelación ao uso do servizo.

4.1. Normas para cubrir os impresos

A solicitude de praza, as autorizacións e as observacións médicas deberán estar asinadas pola totalidade das persoas representantes legais salvo casos de custodia exclusiva ou familias monomarentais ou monoparentais acreditadas.

Cubrirase unha solicitude por participante (ANEXO I). No caso de grupos de irmáns só se entregará unha copia da documentación acreditativa da situación familiar.

A falta de sinatura en cada un dos impresos será motivo de non admisión.

4.2. Prazos

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ó 22 de agosto, ambos incluídos.

Publicarase a listaxe provisional de solicitudes admitidas o 28 de agosto no taboleiro de anuncios do Concello.

Establecerase un período de reclamación e emenda do 29 de agosto ó 1 de setembro, ambos incluídos.

A publicación da listaxe definitiva realizarase o 5 de setembro.

A FALTA DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA IMPLICARÁ A RENUNCIA IMPLÍCITA Á PRAZA.

4.3 Documentación a presentar

a) Impreso normalizado de solicitude debidamente cuberto e asinado (ANEXO I)
b) Copia do DNI/NIE/PASAPORTE da persoa responsable legal
c) Copia do libro de familia ou documento acreditativo da filiación.
d) Copia da tarxeta sanitaria da persoa participante
e) Copia da declaración da renda familiar: conxunta ou individual de todos os membros activos do exercicio 2024. No caso de que algún dos seus membros non tivera obrigación de contribuír deberá presentar documento acreditativo do nivel de rendas do ano 2024 emitido pola Axencia Tributaria.
f) Xustificación da ocupación dos membros da unidade familiar:

  • Nos casos de ocupación por conta allea aportarase certificado de empresa que inclúa os horarios laborais.
  • Nos casos de ocupación por conta propia aportarase copia do último recibo da cota á seguridade social.
  • Persoas en formación presentarán certificado do centro de estudos.
  • Nos casos de que existan circunstancias especiais de necesidades de conciliación, acreditación de dita situación (persoas dependentes ao cargo, monomarentalidade ou monoparentalidade, etc.)

g) Informe médico no caso de alerxia ou outras casuísticas a ter en conta para a participación na actividade.
h) Informe técnico nos casos de familias en situación de especial consideración.
i) Copia do convenio regulador de medidas familiares, nos casos que corresponda.
l) Acreditación, de ser o caso, da situación de violencia de xénero mediante algúns dos documentos recollidos no artigo 23 da L.O. 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

As persoas beneficiarias do servizo comprométense a comunicar ao Concello calquera variación na súa situación laboral ou familiar. A non comunicación destes cambios poderá derivar na perda do dereito á praza.

O Concello de Antas de Ulla resérvase o dereito a solicitar documentación complementaria cando as circunstancias alegadas non queden debidamente acreditadas.

5. PROCEDEMENTO PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS. CRITERIOS DE ADMISIÓN E BAREMO

No caso de que o número de solicitudes supere a capacidade da oferta, farase unha primeira selección, na que se establecen os seguintes criterios de prelación:

  • Necesidade de conciliación: uso continuado do servizo (maior número de días solicitados á semana). Familias monomarentais ou monoparentais con xustificación por traballo ou enfermidade grave que procure necesidade de conciliación, familias nas que traballen os representantes legais ou existan circunstancias especiais de necesidade de conciliación. No caso de familias nas que a custodia a desempeñe unha soa persoa, aquelas nas que traballe a persoa representante legal.
  • Nivel de renda e cargas familiares: os criterios para a determinación da renda aparecen recollidos no ANEXO III destas bases.
  • Terán carácter prioritario as situacións de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, así como familias en situación de especial consideración.
  • En caso de que concorran circunstancias similares conforme aos criterios de valoración anteriores, as prazas adxudicaranse segundo a orde de presentación da documentación no Rexistro.

6. LISTAXE DE AGARDA E RENUNCIA Á PRAZA

As persoas non admitidas pasarán a formar parte dunha lista de agarda, seguindo a orde de valoración.

As persoas que obtiveran praza no programa e finalmente non vaian participar no mesmo, deberán presentar a renuncia por escrito, a través do rexistro do Concello de Antas de Ulla no modelo ANEXO II.

Do mesmo xeito, en calquera momento as persoas representantes legais poderán solicitar a baixa no servizo seguindo o mesmo procedemento.

En caso de renuncia ou baixa dalgunha persoa participante, cubrirase a praza vacante coa seguinte persoa na listaxe de agarda que será contactada por vía telefónica.

No caso de que a persoa que causou baixa volva precisar facer uso do servizo, deberá realizar unha nova solicitude de alta.

A ausencia reiterada e non xustificada implicará a perda da praza dacordo co establecido no punto 3.2 das presentes bases.

7. TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO

A instrución do procedemento obxecto desta convocatoria corresponde XGL. Unha vez estudadas as solicitudes presentadas polo equipo técnico correspondente, emitirase a listaxe que dará lugar á resolución provisional de solicitudes admitidas na que se detallarán ademais as solicitudes obxecto de exclusión e as solicitudes nas que se deba emendar algunha falta ou defecto na presentación de documentación.

Concluído o prazo de dous días hábiles desde a da publicación da resolución provisional de solicitudes admitidas e unha vez revisada a documentación achegada, resolverase a presente convocatoria. A competencia para a resolución do procedemento desta convocatoria é da Alcaldesa-Presidenta. A resolución definitiva de solicitudes admitidas notificarase ás persoas interesadas mediante a súa exposición no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica.

Máis información

Concello Antas de Ulla
Departamento de servizos sociais municipais
📧 eduso.concelloantasdeulla@gmail.com
📞 982 238 014

Consulta aquí as bases e anexos oficiais: Bases e anexos do Programa Municipal de Conciliación 2025/2026

O Concello de Antas de Ulla entregará 50 novos composteiros para a cidadanía

 

O Concello de Antas de Ulla repartirá este ano 50 novos composteiros entre a cidadanía interesada. No seu compromiso coa mellora da xestión dos residuos urbanos, o Concello continúa impulsando o programa de compostaxe doméstica, iniciado en 2020. Actualmente, preto de 200 vivendas xa participan nesta iniciativa, reciclando in situ os seus residuos orgánicos.

Como participar no programa de compostaxe

Para unirse ao programa, só tes que solicitalo no Concello. Unha vez feita a solicitude, persoal contratado polo Concello, contactarate para invitarte a unha pequena xornada de formación sobre compostaxe. Ao finalizar a sesión, recibirás un composteiro e un manual detallado para asegurar o éxito do proceso. Ademais, contarás coa visita a domicilio de persoal técnico especializado, que resolverá calquera dúbida ou problema que poida xurdir no inicio da compostaxe.

Bonificación na taxa de recollida de residuos

Dende o Concello, queremos lembrar que todas as vivendas que dispoñan dun  composteiro doméstico e o utilicen de forma habitual para xestionar os residuos orgánicos, poderán solicitar unha bonificación do 30% na taxa de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos.

Dotación e equipamento para espazo escénico da Casa da Cultura

 

  1. Título: “Dotación e equipamento para espazo escénico da Casa da Cultura”

 

  1. Obxecto: “(…) Fomentar a transición ecolóxica: Instalarase unha barra motorizada e proxectores de luces LED de baixo consumo, que permitirá unha mellor adaptación ás necesidades de cada actuación e reducirá o consumo enerxético. Promover a cohesión social e territorial: A mellora do espazo permitirá ampliar a oferta cultural e atraera un maior número de público, favorecendo a participación da comunidade nas actividades culturais. Avanzar cara á igualdade de oportunidades: A modernización do espazo contribuirá a eliminación de barreiras de acceso a cultura que aínda persisten na zonas rurais, físicas e de acceso á cultura, garantindo a accesibilidade universal”.

 

  1. Datos económicos

– Importe do proxecto sen IVE: 50.288 €

– Importe da subvención: 24.335 €

– intensidade da subvención: 39,99%

 

  1. Condicións de execución do proxecto
  2. a) Inicio: data de solicitude da axuda e elixibilidade 22/04/2024.
  3. b) O período subvencionable abrangue as actividades realizadas e pagadas dende o día seguinte da presentación da solicitude de subvención eno 1 de xullo de 2025, ambos incluídos.
  4. c) Prazo de xustificación:

– Anualidade 2024: Día seguinte ao da presentación da solicitude e o 1 de decembro de 2024

– Anualidade 2025: Dende o 2 de decembro de 2024 e o 1 de xullo de 2025

Os Reis Magos visitan Antas de Ulla este venres nunha máxica festa para a infancia

O Concello de Antas de Ulla recibe este venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran festa dirixida á rapazada da vila. A festa celebrarase na Praza Nova entre as 16.00 e as 20.00.

A celebración inclúe unha festa con inchables e animación musical, co DJ David Expósito. Os Reis Magos de Oriente tamén acudirán á festa para saudar á rapazada de Antas de Ulla e recoller as cartas cos seus desexos.

“Este venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á festa, desfrutar coas actividades e saudar aos Reis Magos durante a súa visita á vila”, sinala Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla.

O servizo de Madrugadores do Concello de Antas de Ulla organiza varias actividades de concienciación pola Semana das Persoas Xordas

O servizo de Madrugadores do Concello de Antas de Ulla organizou esta semana varias actividades de concienciación para os nenos e nenas con motivo da celebración da Semana Internacional das Persoas Xordas.

“O servizo de Madrugadores, ofertado polo Concello de Antas de Ulla, pretende ser un espazo de conciliación familiar e laboral, no que ademais de realizar un almorzo saudable tamén se levan a cabo actividades de concienciación, ocio e tempo libre”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto.

Con motivo da celebración da Semana Internacional das Persoas Xordas, no servizo de madrugadores realizáronse varias actividades para coñecer a linguaxe de signos, ademais de crear conciencia sobre cuestións ás que as persoas xordas se enfrontan na súa vida cotiá.

Explicándolles aos nenos e nenas a celebración desta semana, preténdese reivindicar e visibilizar a realidade das persoas xordas ante o mundo, onde teñan cabida as súas demandas en cuestións de dereitos e onde se pon en valor a riqueza da cultura xorda.

A Biblioteca de Antas de Ulla convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023

A Biblioteca de Antas Ulla convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023 na súa fase local de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación:

“Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou
mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

B) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto a continuación:

“Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou
mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 12 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

7.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

8.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

9.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

A Axencia Galega de Infraestruturas asumirá a xestión das actuacións para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde en Antas de Ulla

A Axencia Galega de Infraestruturas asumirá a xestión das actuacións para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde en Antas de Ulla.

Enlace á publicación da resolución publicada no DOG deste xoves 16 de marzo de 2023: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230316/AnuncioC3K1-080323-0002_gl.html