Enerxía eólica
A dominante elevación da Serra do Farelo, así como outros montes da municipalidade, permiten o aproveitamento dunha das enerxías máis novas e limpas que se veñen explotando nas últimas décadas: a eólica.
Torrentes de Mácara
O Río Ulla divide os concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada, e forma un conxunto de torrentes único en Galicia, considerado unha das 10 maravillas galegas. Son os torrentes de Mácara, o mellor patrimonio natural que rodea ao Ulla. Ao longo duns tres quilómetros atopamos unha paisaxe fermosísima, destacando a riqueza da fauna e da flora neste privilexiado lugar. Salientables tamén son os petroglifos conservados nos penedos. O río convértese no tránsito fluvial máis espectacular, un sistema de cascadas e pozas ideais para a práctica dos deportes de risco na auga como o raffting, canoaxe, barranquismo ou rapel, destacando a beleza e calidade dos seus rápidos. Ademais esta é unha praia de verán, na que refuxiarse das altas temperaturas na época estival. O río ofrece outra riqueza non menos importante: a pesca. A Asociación de Pescadores da Ulloa conta con perto de 500 socios, tendo na zona a carón dos torrentes de Mácara o lugar ideal para a practica desta actividade.
Vacún de carne
Tradicionalmente as explotacións de gando vacún do Concello de Antas de Ulla foron maioritariamente conformadas por vacas de raza rubia galega.
Ainda que na actualidade existe un importante número de explotacións de vacas leiteiras, persiste ainda aquela tradición da vaca de carne.
A excelente calidade da carne de Antas trascende en ámbitos mais amplos co provincial.
Dende as estabulacións tradicionais ata novos e modernos sistemas de semiliberdade do gando, a vaca de raza rubia galega segue a ter neste Concello unha relevancia moi considerable na economía dos seus habitantes.
O Río Ulla
O río Ulla nace na parroquia de Olveda é da nome a Comarca da que forma parte o Concello.
O río descorre de Sur a Este, facendo límite co Termo Municipal de Monterroso e de Este a Oeste co de Palas de Rei.
Á riqueza paisaxística, de intenso verde e de ricas variedades autóctonas galegas da vexetación que procuran as augas do Ulla, únese a importancia agrícola das suas augas.
De antergo, as augas do Ulla foron a enerxía que alimentaba as industrias por antonomasia da nosa bisbarra: os muiños.
Tanto nos pequenos afluentes do Ulla, como ó longo do descorrer déste polo Termo de Antas de Ulla, son numerosos os que ainda na actualidade se conservan.
Dende rutas de sendeirismo, ata a práctica de deportes como o rafting ou a pesca fluvial poden disfrutarse no noso rio.