O Concello de Antas de Ulla, situado na provincia de Lugo, a 45 kilómetros da capital provincial, ubícase no límite coa provincia de Pontevedra, ocupando exactamente o Centro Xeográfico de Galicia. Integrado na Comarca da Ulloa, limita ó norte con Palas de Rei, ó sur con Taboada e a provincia de Pontevedra, no leste linda con Monterroso, e no oeste coa provincia de Pontevedra.
A estrada N-640, de Vegadeo a Pontevedra, constitúe a principal vía de acceso, sendo Antas de Ulla, pola súa ubicación e dada a excelente rede viaria da que actualmente gozamos na Comunidade Autónoma, un lugar ideal para desplazarse a calquera punto de Galicia.
Conta cunha superficie de 104 km², distribuídos en 28 parroquias, que albergan uns 100 núcleos de poboación, entre os que se reparten os seus 2.600 habitantes.
O Concello de Antas de Ulla acomódase na vertente norte da Serra do Farelo, sendo a altitude máxima do municipio a que alcanza este monte, cos seus 956 m
O clima húmido e temperado presenta abundantes precipitacións durante todo o ano, sendo as néboas pouco frecuentes (agás en puntos moi concretos da conca fluvial do Ulla).
A paisaxe, eminentemente marcada polo Monte Farelo e o río Ulla, caracterízase nas áreas máis elevadas por sinuosas montañas que rodean a conca do río, formando unha planicie de suave relevo cuberta por grandes extensións de árbores, sendo os máis característicos os carballos e castiñeiros.
A economía do municipio basease principalmente na agricultura e na gandeiría. O sector primario ocupa ó 60% da población activa. No sector gandeiro predomina a cabana de vacún, sobre todo a raza rubia galega para o seu aproveitamento cárnico, e a raza frisona para a producción láctea.
Máis compre subliñar a relevancia da gastronomía, con tres productos que lideran trascendendo incluso alén do noso país ese eido: o pan de Antas, o queixo da Ulloa e maila carne. Todo elo sin esquecer os ovos, as castañas, cogumelos, espárragos, etc.