Voltan os campamentos durante a tempada do verán no Concello de Antas de Ulla, cunha proposta de actividades que abrangue dende os 3 ós 16 anos.
Gratuítos e distribuídos por idades, cunha programación diferenciada e actividades orientadas a cada grupo de idade.
“Tratamos de dar un servizo ás familias, especialmente pensando en pais e nais que traballan, á vez que tratamos de fortalecer vínculos e un arraigo co territorio entre os nen@s”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.
O prazo de inscricións comeza o luns 1 de xuño. Será de xeito presencial nas oficinas do concello ou descargando o formulario que se atopa na páxina xeb do concello. Tamén se poderá facilitar por correo electrónico, solicitándoo previamente no número de teléfono 982 37 92 51.
Vémonos no verán!
DESCARGAS

