Estimados veciños/as e visitantes:
Como alcaldesa de Antas de Ulla e en representación da corporación municipal, douche a benvida ao noso concello e a esta páxina web.
É unha honra ser a alcaldesa dos veciños e veciñas de Antas de Ulla, pero tamén unha responsabilidade que asumín con toda a dedicación que merece o cargo.
Traballamos a diario para reforzar os servizos e infraestruturas públicas do concello, mellorando desta maneira a calidade de vida da veciñanza. A nosa aposta social é outro dos piares da nosa acción de goberno.
Para os/as que nos visitades, pronto descubriredes que somos un concello acolledor, o centro xeográfico de Galicia e un lugar cun gran patrimonio histórico e natural.
Grazas a todos/as
Pilar García Porto
Alcaldesa de Antas de Ulla