Voltan os campamentos durante a tempada do verán no Concello de Antas de Ulla, cunha proposta de actividades que abrangue dende os 4 ós 16 anos.
Gratuítos e distribuídos por idades, cunha programación diferenciada e actividades orientadas a cada grupo de idade.
“Tratamos de dar un servizo ás familias, especialmente pensando en pais e nais que traballan, á vez que tratamos de fortalecer vínculos e un arraigo co territorio entre os nen@s”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.
O prazo de inscricións comeza mañá, luns 3 de xuño. Será de xeito presencial nas oficinas do concello ou descargando o formulario que se atopa na páxina xeb do concello. Tamén se poderá facilitar por correo electrónico, solicitándoo previamente no número de teléfono 982 37 92 51.
Vémonos no verán!
SOLICITUDE INSCRICIÓN CAMPA PEQUES.docx – SOLICITUDE INSCRICIÓN CAMPA PEQUES.docx (1)-1