En cumprimento das condicións establecidas na Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiada no marco do eixe REASCT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A), publícase información relativa a actuación subvencionada.
Datos xerais da obra:
“AMPLIACIÓN DE REDE DE ABASTECEMENTO EN CARRETERA VERIN-LEBESENDE”
- Localización da obra: Estrada Verín – Lebesende (Antas de Ulla)
- Importe de execución final: 47.756,49 euros (IVE incluído)
- Importe de dirección de obra e redacción de proxecto: 2.865,40 euros (IVE incluído)
- Subvención recibida: 40.497,51 euros, correspondentes a axuda recibida ao abeiro de devandita subvención, con apoio dos fondos Feder
Descrición dos traballos realizados e dos obxectivos e resultados:
O proxecto levouse a cabo por encargo do Concello de Antas de Ulla co obxectivo de unir as redes de abastecemento das poboacións de Verín e Lebesende, realizando un novo tramo entre dous xa existentes co obxectivo de mallar a rede e mellorar o subministro.
Os traballos que se realizaron foron as seguintes:
- Escavación de gabia para 1.537 m de condución e tres arquetas.
- Colocación de tubaxe de PVC de 63 mm a unha profundidade de 70 cm da rasante do terreo e conexión a rede actual, colocando unha chave de paso en arqueta en cada extremo e un desaugue de fondo no punto máis baixo do tramo (cunha cota de 58 m sobre o nivel do mar).
- Reposición de pavimento bituminoso en 400 m do tramo, dado que gran parte da rede discorre por zona de terra.