O Concello de Antas de Ulla facilitaralle o traslado ao HULA a aquelas persoas maiores de 80 anos que o precisen ou o demanden para poñer a 4ª dose da vacina da covid-19. Tan só teñen que poñerse en contacto co Concello ou pedilo nas Oficinas Municipais.
No caso de que non se poida acudir á cita, está planificado desde o principio a vacinación como “repesca” nos centros de saúde de cabeceira así como nos domicilios nos pacientes inmobilizados. En aproximadamente 15 días chámaselles e vacínaselles no seu centro de saúde ou no seu domicilio no caso de que sexa necesario. Este procedemento xa se utilizaba antes.
Hai varios motivos polos que o Sergas cita aos maiores en grandes recintos:
- Alíviase a Atención Primaria de traballo.
- Son moitos os colectivos e persoas que pediron acudir a recintos máis grandes, onde é máis fácil o aparcamento e hai un servizo de axuda, con voluntarios, para os maiores con problemas de mobilidade ou de calquera outro tipo.
- O obxectivo é vacinar a toda a poboación no menor tempo posible, facilitando todos os dispositivos posibles e sendo flexibles e sensibles a todas as circunstancias persoais e de saúde na poboación.
Se precisas axuda, chama ou pásate polo Concello de Antas de Ulla.