A Biblioteca de Antas de Ulla convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023

A Biblioteca de Antas Ulla convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2023 na súa fase local de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación:

“Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou
mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

B) Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4, sobre o tema proposto a continuación:

“Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou
mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 12 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

7.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

8.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

9.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca o Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2022

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla vén de convocar o Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2022. O certame réxese polas seguintes bases:

Poden participar todas as nenas e nenos con:

A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes? Podes contalo. Podes debuxalo. O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E a para nós, é valioso.

B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema proposto a continuación: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”: Observa o mundo. Non precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes? Podes contalo. Podes debuxalo. O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E a para nós, é valioso.

Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 5 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.

O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

O fallo do xurado local farase público antes do Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca o certame de narración e debuxo infantil ‘Letras Galegas 2021’

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla vén de facer públicas as bases que rexerán o certame de narración e debuxo infantil ‘Letras Galegas 2021’ na súa fase local.

Poderán participar todas as nenas e nenos con:

a) Narracións en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema ‘O dereito dos nenos e as nenas a participar na vida cultural. (Artigo 13, Convención sobre os dereitos do neno).

b) Debuxos feitos sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 sobre o tema ‘O dereito dos nenos e as nenas a participar na vida cultural. (Artigo 13, Convención sobre os dereitos do neno).

Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computadora ou a man. Neste último caso, sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

Categorías

Establécense tres categorías: A) ata oito anos. B) de 9 a 11 anos. C) de 12 a 16 anos.

Prazo de presentación

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro día 7 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.

O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos. O fallo do xurado farase público antes do Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura Educación e Universidade da Xunta.

Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública Municipal, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos. A presentación dos orixinais supón a total aceptación destas bases.