O programa da Xunta ‘Coidados Porta a Porta’ visitará o Concello de Antas de Ulla en agosto

A Consellería de Política Social vén de confirmarlle ao Concello de Antas de Ulla que o programa ‘Coidados Porta a Porta’ visitará a localidade os días 11, 12, 16 e 17 de agosto. O servizo instalarase na Praza Nova e as persoas interesadas poden pedir cita previa chamando ao teléfono 622 748 283 ou enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

O programa, que xa tivo unha fase experimental en 2019 na que participaron 20 concellos, consiste na habilitacións de oito autobuses que se encargan de percorrer as zonais rurais para ofrecer os coidados médicos de proximidade a persoas maiores de 55 anos.

Trátase dun servizo formado por unidades móbiles nas que os maiores de 55 anos acceden gratuitamente a servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para aquelas persoas que residen en zonas rurais e non teñen facilidades de acceso a este tipo de prestacións.

Os recursos que ofrecen as unidades móbiles van rotando polos diferentes concellos de Galicia con estadías de varios días en cada un deles.