O Concello de Antas de Ulla elaborou esta guía de actuación rápida ante casos de violencia de xénero.
A violencia cara ás mulleres é a violación dos dereitos humanos e unha forma de discriminación contra o sexo femenino polo simple feito de selo.
Fai referencia a todos os actos de violencia baseados no xénero que poden implicar para as mulleres dano ou sufrimiento de natureza física, sexual, psicolóxica, económica, etc.. incluídas as ameazas de realizar ditos actos, a coacción ou a privación de liberdade.
Podes consultar a guía aquí:
Guía de actuación rápida VX Concello Antas de Ulla