CONDICIÓNS DE USO. OBXECTO E ACEPTACIÓN
Estas condicións xerais regulan o uso do servizo de portal de Internet www.concellodeantas.org (en diante, o “Portal”).
A utilización do Portal atribúe a condición de usuario do Portal (en diante, o “Usuario”) e expresa a adhesión plena e sen reservas do Usuario a todas e cada unha das Condicións Xerais na versión publicada por www.concellodeantas.org no momento mesmo en que o Usuario acceda ao Portal. En consecuencia, o Usuario debe ler atentamente a Política de Privacidade en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o Portal.
O acceso e/ou a utilización de certos servizos e contidos ofrecidos aos Usuarios en/ou a través do Portal atópase sometido a certas condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican a Política de Privacidade (en diante, as “Condicións Particulares”). Con anterioridade ao acceso e/ou a utilización dos referidos servizos e contidos, por tanto, o Usuario debe ler atentamente tamén as correspondentes Condicións Particulares. O acceso e/ou a utilización dos referidos servizos e contidos expresa a total e incondicional aceptación das Condicións Particulares na versión publicada por www.concellodeantas.org no momento en que se produza o mencionado acceso e/ou utilización.
www.concellodeantas.org resérvase o dereito de modificar ou eliminar en calquera momento e sen aviso previo a presentación do portal, as condiciones da súa utilización, os servizos ofertados e as condicións para acceder e/ou utilizar eses servizos.
CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN DO PORTAL
O Usuario se compromete a utilizar o Portal e os Servizos de maneira conforme á lei, ao disposto na Política de Privacidade, a moral e boas costumes xeralmente aceptadas e ao orde público, e se obriga a absterse de utilizar o Portal e os Servizos con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao establecido na presente Política de Privacidade, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o Portal e os Servizos ou impedir a normal utilización ou goce do Portal e dos Servizos por parte dos Usuarios. O Usuario absterase de modificar, copiar, distribuír, transmitir, divulgar, utilizar, reproducir, publicar, licenciar, ceder, vender nin crear traballos derivados a partir da información recibida do portal.
O Usuario recoñece e acepta que www.concellodeantas.org poderá en calquera momento e sen notificación previa, e á súa plena discreción, negar o acceso ao Usuario ao portal, cando www.concellodeantas.org considere que o Usuario incorreu nalgún incumprimento dalgunha das súas obrigas incluídas no Convenio; o Usuario non terá dereito a reclamarlle a www.concellodeantas.org indemnización algunha que tal rescisión lle causara. www.concellodeantas.org en calquera momento, con ou sen notificación previa algunha, poderá modificar todos ou parte dos Servizos ou o portal.
DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Para acceder a e/ou utilizar os Servizos de www.concellodeantas.org cómpre que os Usuarios proporcionen previamente a www.concellodeantas.org certos datos de carácter persoal (en diante, os “Datos Persoais”), que www.concellodeantas.org tratará automatizadamente e incorporará a un ficheiro automatizado.
Os datos recollidos nesta web son a título informativo; www.concellodeantas.org non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que puidesen producirse nalgún momento nos datos e documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
En ningún caso desde www.concellodeantas.org se proporcionará información a terceiros que identifique aos seus usuarios sen unha autorización destes. Garantimos a confidencialidade no tratamento dos datos de carácter persoal, así como a implementación das medidas de índole técnica e organizativas que garantan a seguridade deses datos.
Todas estas circunstancias serán previa e debidamente advertidas por www.concellodeantas.org aos Usuarios, nos casos e na forma en que resulta legalmente esixible.
www.concellodeantas.org garante que se adoptaron as medidas oportunas de seguridade nas súas instalacións, sistemas e ficheiros. Así mesmo, www.concellodeantas.org garante a confidencialidade dos Datos Persoais. Os Usuarios teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición contactando con www.concellodeantas.org a través do correo electrónico concellodeantasdeulla@gmail.com ou escribindo ao seu enderezo sito en PRAZA DE ESPAÑA, 2, 27570 – ANTAS DE ULLA (LUGO). Os Usuarios garanten e responden, en calquera caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos Datos Persoais facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados.
RESPONSABILIDADE
O Usuario é consciente, e acepta voluntariamente, que o uso do Portal, dos Servizos e de calquera Contido ten lugar, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.
O Usuario expresamente recoñece e acepta que www.concellodeantas.org baixo ningunha circunstancia será responsable por calquera dano directo, indirecto, emerxente, lucro cesante, relacionados directa ou indirectamente co uso ou a imposibilidade de usar o portal; a posibilidade ou imposibilidade por parte do Usuario de utilizar os Servizos ou a información obtida dos Servizos ou calquera outra circunstancia directa ou indirectamente relacionada cos Servizos ou coa navegación do Usuario no portal.
O Usuario expresamente recoñece e acepta que a utilización pola súa parte dos Servizos e do portal é ao seu exclusivo custe e risco. www.concellodeantas.org non garante a exactitude de toda información, documentación e precisión dos Servizos contidos no portal. Todo o material descargado polo Usuario do portal realízase baixo a exclusiva responsabilidade do Usuario, non sendo www.concellodeantas.org responsable por calquera dano que dita información puidera causar na computadora ou sistemas do Usuario.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
A información contida nesta páxina web foi revisada e actualízase frecuentemente. Non se ofrece garantía de integridade, corrección ou actualidade. Todos os datos poden ser retirados ou modificados en calquera momento sen necesidade de notificación.
A pesar de revisar e controlar o contido periodicamente non nos facemos responsables do contido de enlaces externos. www.concellodeantas.org non se responsabiliza do contido doutras páxinas web que teñan enlaces a www.concellodeantas.org.
XURISDICIÓN
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvoltas, será de aplicación a lexislación española sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais españois competentes.
TITULARIDADE DO SITIO WEB
A páxina www.concellodeantas.org é propiedade de CONCELLO DE ANTAS DE ULLA
Enderezo: PRAZA DE ESPAÑA, 2, 27570 ANTAS DE ULLA (Lugo).
Teléfono: 982 379 251
Mail: concellodeantasdeulla@gmail.com
Web: www.concellodeantas.org