Ainda que o nome real é o de Pazo de Torre Penela, por ser os Condes deste nome os que ostentaron a sua propiedade, resulta moito mais coñecido polo nome da parroquia na que se emplaza esta fermosa construcción.

 

Sin lugar a duda, é unha das enseñas máis emblemáticas do Concello de Antas de Ulla. Moi posiblemente foi construido no Século XVI por D. Juan Vázquez Taboada e Dona Inés de Lemos Ribadeneira.

Destaca na torre a inserción dunha elegante balconada granítica que ocupa unha boa parte das caras Este e Norte, montada sobre ménsulas escalonadas de máis a menos.

Na cara norte, pola que ten a sua entrada principal, poden observarse os escudos das familias Vázquez Taboada e Lemos Quiroga.

 

Igrexa románica de Santa Mariña

 

Datada por algúns autores entre os anos 1150 e 1160, considérase que nesta construcción participou o Mestre Estéban (autor da fachada das Platerías da Catedral de Santiago), en base á feitura e formas dos capiteis do arco triunfal da Igrexa.

Éste Arco Triunfal consta dunha doble arquivolta de medio punto, sendo a máis interior de sección rectangular e a maior con moldura tórica. Ambas arquivoltas descansan sobre impostas de moi esmerada decoración.

Construida no centro dun castro de leve elevación, na actualidade ostenta os escudos xa citados dos Vázquez Taboada e Lemos Quiroga na parte exterior do presbiterio.

 

En 1560 adosóuse ó lado norte do presbiterio unha capilla mausoleo, con acceso dende a propia Igrexa e no que se incluiron 3 arcosolios sepulcrais. Dous deles presentan as estatuas axeonlladas de Don Juan Vázquez e Dona Inés de Lemos. Cada un deles leva a inscrición dos seus falecementos (1684 e 1672), así como a indicación de que “a ninguén se lle permite ser enterrado neles” (nvlo alteri conceditvr in hoc sepeliri sepvlcro).

O terceiro arcosolio contén os restos de sucesivos donos do Pazo.