Da antiga estructura románica compre destacar a nave e mailo ábside (ainda que este foi modificado, elevando a sua altitude). En cada un dos muros laterias -Norte e Sur- conserva unha variada e polimórfica exposición de canecillos, algúns deles con figuras humanas, ainda que prevalecen as formas xeométricas (no lado norte obsérvase unha maior riqueza e mellor conservación de formas, incluindo unha calabaza de pelegrín). Tanto o tamaño máis prominente, como a propia variedade ornamental dos canecillos, fan que algúns autores consideren a posibilidade de que fosen fabricados en épocas máis próximas ó estilo gótico que ó propiamente románico.
Sin duda o máis chamativo resulta ser a porta principal. De moi exuberante riqueza decorativa e de moi fermosa factura, contrasta coa sinxeleza do resto da construcción. Consta de duas arquivoltas de medio punto, perfiladas exteriormente por un decorado arco de idéntica curvatura. Ambas arquivoltas reposan en sendas impostas con diferente decoración en cada unha delas.
A Maior presenta unha interesante ornamentación moi pouco frecuente, tal e como recolle J. Delgado, ó incluir motivos xeométricos (“X”) enmarcados en casetóns.
A arquivolta Menor, de sección rectangular, descansa en duas columnas acodilladas. Monolítico fuste na esquerda e en duas pezas o dereito. Ambos capiteis con diferente i esmerada decoración.
O tímpano está decorado con motivos xeométricos en altorreleve con unha cruz latina central.
J. Delgado conclue que a simboloxía do tímpano alude á simboloxía da svástica castrexa.