Única no Concello que presenta, ó carón da nave principal, un amplio cobertizo, que se soporta con tres pilares de cantería asentados nun baixo valado de mampostería. A Igrexa data de finais do Século XII (segundo J.Delgado, tanto pola sua estructura, como polos elementos que a decoran, pode ser consiederada como un clásico do románico ainda que bastante avanzado).
Presenta unha nave rectangular e ábside semicircular. Ambas estructuras cubertas con madeira, ainda que semella que a zona absidal foi concebida inicialmente para soportar unha bóveda. Presenta canecillos laterais con motivos xeométricos.
Unha das partes máis destacadas e de mellor factura é sin duda o ábside, tanto polo interior como no exterior.Tódolos elementos que o decoran poñen de manifesto a capacidade do mestre constructor, sobresaindo a ventana absidal, en arco de medio punto, con arquivolta que descansa en un par de columnas acodilladas. Os capiteis desas columnas están laboriosamente decorados: o esquerdo con figuras zoomórficas e o dereito é unha reproducción do capitel esquerdo do arco triunfal do interior da nave.