O Concello de Antas de Ulla foi beneficiario das axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión de residuos de competencia municipal.
O obxectivo principal destas axudas é ampliar a capacidade de xestión de residuos municipais. O resultado que se pretende acadar é aumentar a cantidade de residuos que se recollen de xeito selectivo entre a cidadanía.
Recollida separada de biorresiduos: solicita a túa cuneta marrón no concello e contribúe a transformar os nosos residuos en compost, reducindo o volume de lixo xeral e protexendo o medio ambiente.
Actuación cofinanciada pola Unión Europea — Xunta de Galicia / Xacobeo 2027 / Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.


