No Lugar de Frádegas, na parroquia de Santa Mariña de Amarante, atópase o antigo Balneario de Frádegas, cuxas augas sulfurosas contan cun recoñecido valor terapéutico. Dende Antas de Ulla chégase ao Balneario, logo de percorrer uns 10 quilómetros tomando o desvío que vai a Santa Mariña. Situado a carón do río e dun amplo muíño pertencente os propietarios do balneario, o conxunto de edificacións está conformado por un edifico de dúas plantas cun patio interior, unha capela e outras construccións auxiliares, todas elas en ruínas, ainda que deixando ver pegadas da arquitectura rural lucense con paredes de cachotaría. Na pranta baixa sitúase a fonte, aquí estaban tamén as salas de baños, mentres no piso superior ubicáronse no seu día as instalacións hostaleiras. As augas do Balneario de Frádegas, indicadas para o aparello dixestivo, fígado, reuma e pel, nacen na parte esquerda do río entre rochas. O caudal das augas é de 40 litros/minuto e a súa temperatura de 18º C.