O Concello de Antas de Ulla informa da apertura do período de consulta pública previa á elaboración da futura Ordenanza reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais.

Esta actuación enmárcase no previsto polo artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de facilitar a participación da cidadanía e das organizacións potencialmente afectadas na elaboración de novas normas municipais.

📌 Aspectos sobre os que se solicita a opinión da veciñanza e das entidades

Queda aberto un proceso de recollida de achegas sobre:

Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
Manter os camiños e vías públicas de titularidade municipal en perfecto estado para o tránsito de vehículos e peóns. A actividade extractiva de madeira provoca danos que fan precisa a creación dunha taxa para cubrir os custos de reparación destes desperfectos.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación
Resulta necesario previr, minimizar ou corrixir os efectos que o tránsito de vehículos de tracción mecánica —de uso industrial, comercial ou de transporte de madeira— causa nas vías municipais.

Obxectivos da norma
Regular e garantir o financiamento das reparacións dos danos derivados das actividades de extracción e transporte de madeira.

🗓️ Prazo para presentar achegas

As persoas, organizacións ou asociacións interesadas poden enviar as súas opinións e suxestións durante un prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio na web municipal.

As achegas poderán presentarse:

A través da sede electrónica do Concello.

En calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.