O Concello de Antas de Ulla foi beneficiario da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea a través dos Fondos Europeos, para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá durante os anos 2024 a 2026.

O obxectivo principal desta actuación é promover a autonomía persoal das nenas e nenos de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento, ofrecendo apoio especializado ás familias e favorecendo unha intervención temperá que mellore o seu benestar e adaptación.

Deste xeito, o Concello continúa a traballar pola inclusión social e a igualdade de oportunidades de toda a infancia de Antas de Ulla 👶👧🧒, garantindo que cada nena e neno poida medrar e desenvolver todo o seu potencial 🌈💪.