O CONCELLO
Perfil do Contratante
O Municipio
Qué Visitar
Servizos ó cidadán
|
LibrosSERVIZOS SOCIAIS - SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA![]() Dende os Servizos Sociais de Atención Primaria, traballamos activamente para mellorar a calidade de vida e a participación das persoas ou grupos pertencentes o Municipio de Antas de Ulla, dirixida especialmente a aqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva, así como a prevención e eliminación das causas que están na orixe das situacións que desencadenan unha carencia ou conflicto.
Mediante este Departamento preténdese ofrecer ao cidadán un sistema integrado de protección social, orientado á prestación programada de atencións e servizos:
1. Información, orientación e asesoramento sobre os dereitos e recursos sociais existentes. 2. Organización e coordinación do Servizo de axuda a domicilio. 3. Programas de emergencia, intervención e integración social. 4. Canalización das demandas que o necesiten, cara ós servizos especializados. 5. Tramitación de expedientes de:
- Solicitude do recoñecemento de dependencia. - Pensións non contributivas. - Axudas individuais - Prestacións por fillo cargo - R.I.S.G.A - Programas de termalismo social. - Prestacións da Seguridade Social - Axudas de integración do menor - Etc,etc
6. Programa de desenvolvemento comunitario: Realización de diversas actividades dirixidas a toda a poboación.
Dende este servizo invitase a todolos veciños e veciñas que desexen coñecer o contido destes programas, prestacións ou doutros non especificados, que pasen pola oficina de SS.SS que se atopa na planta baixa da Casa do Concello, onde seran atendid@s en base as necesidades que presenten. Últimas novidades Aprobación do II Plan de igualdade de oportunidades de homes e mulleres do Concello de Antas de Ulla. Pleno municipal do día 12-02-08.
Responsable: Margarita Lemos Teijeiro Traballadora Social. |