TORRENTES DE MÁCARA

O Río Ulla divide os concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada, e forma un conxunto de torrentes único en Galicia, considerado unha das 10 maravillas galegas. Son os torrentes de Mácara, o mellor patrimonio natural que rodea ao Ulla.
Ao longo duns tres quilómetros atopamos unha paisaxe fermosísima, destacando a riqueza da fauna e da flora neste privilexiado lugar. Salientables tamén son os petroglifos conservados nos penedos.
O río convértese no tránsito fluvial máis espectacular, un sistema de cascadas e pozas ideais para a práctica dos deportes de risco na auga como o raffting, canoaxe, barranquismo ou rapel, destacando a beleza e calidade dos seus rápidos. Ademais esta é unha praia de verán, na que refuxiarse das altas temperaturas na época estival.
O río ofrece outra riqueza non menos importante: a pesca. A Asociación de Pescadores da Ulloa conta con perto de 500 socios, tendo na zona a carón dos torrentes de Mácara o lugar ideal para a practica desta actividade.