Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Monumentos

monumento

IGREXA ROMÁNICA DE SANTA MARÍA DE ARCOS

Según J. Delgado, na sua obra El románico de Lugo y su Provincia, destaca o ventanal do ábside da Igrexa de Santa María de Arcos como un dos elementos de maior beleza de tódolos por él estudados.

Considérase que a parte interior da citada fiestra saeteira foi en un primeiro tempo o Sagrario da Igrexa.

Polo seu exterior está coroada por unha arquivolta de medio punto que descansa nunha imposta baixo a cal campean duas columnas de elaborados capiteis con motivos vexetais. Sobre a arquivolta ten outro arco de medio punto con arista baqueteada.

A porta principal da nave tamén está coroada por unha doble arquivolta de medio punto sobre a que campea outro arco de decoración axedrezada.

Ambas arquivoltas descansan en un par de columnas acodilladas, de fustes lisos e monolíticos, por cada lado. A Maior é de sección rectangular, mentras que a Menor adórnase en baquetón.

Os 4 capiteis conteñen unha moi interesante decoración (recollido por Y. Perrín), de xeito especial o dereito da arquivolta Menor, que conta con dez cabezas humanas, dispostas en duas filas superpostas (unha central de tamaño superior ás outras nove).

Desta pouco habitual decoración con tal número de cabezas humanas di J. Delgado que moi probablemente fagan deste pórtico unha peza única (solo no Claustro de San Francisco de Lugo se poden observar seis cabezas en dous unidos capiteis xemelgos).

No interior da nave, compre subliñar a relevancia do Arco Triunfal, composto de duas arquivoltas de medio punto, notoriamente peraltado e con motivos xeométricos e vexetais esculpidos nos casetóns dos que constan.

 

 

 

 

Detalle fiestra absidal