Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Monumentos

monumento

PÓRTICO ROMÁNICO DE SAMARTIÑO DE AMARANTE

A Igrexa de San Martiño de Amarante atópase na zona oeste do Concello, nunha das ladeiras do monte Farelo.

Logo de moitas reformas deste templo, conserva unha das obras máis relevantes do románico de Antas de Ulla: a porta norte.

A pesares de ter sido modificada (segundo afirma V. Saco), non deixa de ser unha construcción de moi fermosa factura e pouco común en determinadas feituras que logo se dirán.

Está composta dunha doble arquivolta, levemente apuntada. A menor, de sección rectangular, descansa en un par de columnas acodilladas. A arquivolta maior leva moldura tórica.

Os fustes das columnas son lisos e monolíticos, adornados con dous aneis a basa esquerda e con somente un a dereita. Ambos capiteis están decorados con lazos e motivos vextais.

O máis destacable é o tímpano semicircular, dentro do cal se esculpiu unha cruz de brazos iguais e rematados en forma de trébol (flordelisada). Colgando de cada brazo, presenta as letras Alfa e Omega (primeira e derradeira letras do alfabeto grego, representando que Cristo é o principio e mailo fin de tódalas cousas). A presenza destas letras nun tímpano resulta moi pouco habitual, segundo autores como V. Saco, recollido por J. Delgado, na sua obra "El románico de Lugo y su Provincia"

 

 

 Vista Noroeste do Pórtico

réplica de relojes rolex