O CONCELLO
Perfil do Contratante
O Municipio
Qué Visitar
Servizos ó cidadán
|
Monumentos![]() ALVIDRÓN: CRUCEIRO XUBILAR E IGREXA ROMÁNICAUbicado nun cruce de camiños, un que leva á Ponte Mercede-Antas e outro que se adentra no interior da aldea, o cruceiro de Santa María de Alvidrón ten vara octogonal, asentada sobre peana cadrada.
Conserva a inicial planta románica, con nave e ábside rectangulares. A porta da fachada coróase con unha triple arquivolta de medio punto. Unha columna a cada lado -a pano co muro- soportan a maior. Presenta en ambos muros laterais, os típicos "canecillos" con figuras xeométricas (agás un a cada lado, que representan unha figura zoomórfica e unha humana).
![]()
[Pórtico da Igrexa de Alvidrón]
Na Sección de Rutas (culturais) desta mesma web, descríbese o xeito de chegar a estes monumentos, dentro da ruta ó Balneario de Frádegas. |