Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Nova

Festival Primaveira 2011

Ineludible cita de ocio para a Semana Santa 2011 en Antas de Ulla.

O Concello ten deseñado un completo programa  con unha variadísima oferta de actividades para os días 21,22,23 e 24 de abril de 2011 na vila de Antas.

(Acceder a este enlace para ver a oferta  de actividades de xeito detallado)



foto

Un ambicioso proxecto cultural e gastronómico é o que ten deseñado o Concello de Antas de Ulla para o vindeiro mes de abril do presente Ano.

O Festival Primaveira Sons, desenvolverá durante os días 21,22,23 e 24 do citado mes un amplo abano de ofertas de ocio que abranguen, dende o eido musical -coa participación de ata 14 grupos de música pop-rock de Galicia- ata a gastronomía, coa celebración da Iª Festa do Churrasco de Porco.

O calendario de actividades será o seguinte:

Xoves 21 de abril:

  • 16:00 horas. Obradoiro de Stop-Motión no Complexo Castrexo das Canteiras.
  • 20:00 horas. Ciname de rúa. Previsto tamén no Complexo Castrexo.
  • 22:00 horas. Actuación musical dos grupos

         - Deaf Noise
         - Pito de Pikasso
         - Kambotes
         - Skandalo GZ
         - Matxetazo na Parrotxa

Venres 22 de abril:

  • Dende as 10:00 horas. Concentración de Coches Clásicos. Exposición e Ruta turística.
  • Ás 22:00 horas actuación musical dos grupos

         - Noc

         - Németos

         - The Nosers

         - Xenro

         - Drama

 

Sábado 23 de abril:

  • 16:00 horas. Paintball. Para participar é preciso contacto previo coa Oficina de Información Xuvenil do Concello.
  • Ás 22:00 horas actuación musical a cargo de

         - Querido Salvaxe

         - Dementia

         - Leite de Nai

         - 7 Puertas

 

Domingo 24 de abril:

  • 14:30 horas. Iª Festa do Churrasco de Porco. (Venta de entradas nos establecementos da  vila).
  • Actuación do Grupo de Música Tradicional "Berros do Castro".
  • Iª Feira de Meigas...


Durante todo o Festival haberá postos de artesanía, animación sociocultural, espectáculos de rúa e postos de alimentación.

Haberá zona de acampada de balde (aconséllase contacto previo coa Organización, chamando ó Concello e preguntar por Diego).

Os concertos terán lugar na Praza do Concello (aire libre) e na Praza Nova (espazo cuberto), según condicións meteorolóxicas

 

Organiza: Concello de Antas de Ulla

Patrocina: Novacaixagalicia

Colaboran: CocaCola, Caixa Rural Galega, Estrella Galicia e Gadis

Participan: Plantea Furancho, Estudio3

Mención a: Radio Palas, Radio Melide, Radio Faro, Radio Lalín e o Viraventos Radiodifusión.

 

 


réplica de relojes rolex