|
O CONCELLO
Perfil do Contratante
O Municipio
Qué Visitar
Servizos ó cidadán
|
Novas
XIXª Edición da Feira do Queixo O domingo 6 de maio, celebrouse en Antas de Ulla a XIXª edición da Feira do Queixo da D.O. Arzúa-Ulloa, na que se fixo público a incorporación a esta Denominación das Terras do Deza. O Queixo da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa celebrou a súa festa de exaltación este ano na nosa localidade, na que foi a XIXª Edición. A Feira ven organizándose de xeito rotatorio entre os tres Concellos que configuran a Comarca da Ulloa (Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla). E precisamente durante os actos de presentación e apertura da Feira, o Alcalde de Antas de Ulla, deu a coñecer a recente incorporación á Denominación de Orixe Arzúa Ulloa, de explotacións pertencentes ás Terras do Deza.
CARTEL ANUNCIADOR O cartel anunciador desta edición da Feira do Queixo da Ulloa, é unha composición baseada en traballos de fotografía e pintura realizados por nenos e nenas do Concello.
|
