Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Nova

Doazón de Sangue

Como ven sendo habitual, o Concello de Antas de Ulla colabora activamente co C. de Transfusións de Galicia no seu labor de concienciación dun acto de solidariedade doado e simple, pero persoal, como é  agasallar o teu sangue.
O vindeiro venres, día 26 de novembro, teremos a Unidade Móbil en Antas para recoller as pingas de vida das ullás e ulláns.


foto

As doazóns de sangue son un acto altruista, de significada relevancia para múltiples finalidades de tipo sanitario.

As persoas sás entre 18 e 65 anos poden, en principio, doar sangue sin ningún tipo de problemas para a sua saúde. A cantidade extraida é recuperada polo organismo en moi poucas horas, sen que incida na actividade do doante. En todo caso, antes de cada doazón, o persoal médico e sanitario da Unidade Móbil realiza unhas probas previas para verificar a inexistencia dos riscos máis febles para o potencial doante.

No ano 2008 en Antas de Ulla houbo un repunte das doazóns con respecto a anos anteriores, consolidándose de xeito importante esa tendencia alcista no ano 2009. Confiamos en  que a tendencia siga a ser nesta liña e continuar medrando no número de doazóns, coa fin de acadar ese obxectivo da Organización Mundial da Saúde.

 

Para máis información: Centro de Transfusións de Galicia

réplica de relojes rolex