Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Novas

imagen

Restauración Igrexa de San Xoán

Concello de Antas de Ulla  ten en marcha as obras de restauración da vella Igrexa de San Xoán. Para elo o Concello conta cunha importante axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O orzamento previsto supera os 100.000 euros.




foto

Actualmente estanse realizando importantes obras de restauración da vella Igrexa de San Xoán.

A substitución do tellado e reposición de nova estructura de madeira de castiñeiro, así como nova cuberta con tella do país. Tamén se acometerán as obras de reparación das paredes e da porta principal.

Asemade tratarase axeitadamente a carpintería interior e pintado da nave central.

A recuperación deste importante elemento do patrimonio  de Antas é unha aspiración do Concello dende fai anos. Agora, grazas a unha axuda da Consellería de Cultura, poderase facer realidade esta obra.

Compre lembrar que a Igrexa está catalogada no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.

Datada por algúns autores no século XII (románico tardío).


junta