|
O CONCELLO
Perfil do Contratante
O Municipio
Qué Visitar
Servizos ó cidadán
|
Novas
Cuberta da Praza Nova
Coa Festa dos Maiores do Municipio, inaugurouse a cuberta da Praza Nova. ![]() O Concello de Antas de Ulla xa ten rematadas as obras de cuberta e cerramento da Praza Nova, así como de ampliación da mesma. Grazas a unha subvención da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a Vila de Antas xa conta cun espazo cuberto onde poder realizar todo tipo de eventos e actividades sen que a climatoloxía sexa óbice para a súa realización. O orzamento desta obra superarou os 250.000 euros e, ademáis da ampliación e cuberta dos 900 metros cadrados que ten a superficie, tamén se abordou o cerramento lateral da Praza. Este é fixo nas zonas máis expostas ós elementos e dotado de elementos desmontables no resto. O primeiro acto que tivo lugar no recinto recén estreado foi a Festa dos Maiores, celebrada habitualmente no mes de maio.
|
