O CONCELLO
Perfil do Contratante
O Municipio
Qué Visitar
Servizos ó cidadán
|
NovaCampaña Carné Xove
Benefíciate das suas importantes vantaxes. ![]() Na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Antas de Ulla estase levando a cabo unha Campaña de Altas no Carné Xove, coa fin de dotar ós xoves do noso Municipio as vantaxes das que goza este instrumento. Ainda que de seguro son ben coñecidas, compre reseñar que ser titular do Carné Xove pode conlevar descontos de ata un 25% en servizos como: - Concertos culturais. - Libros, Música. - Roupa. - Restaurantes. - Tendas de deportes. - Servizos médicos (clínicas dentais, oftalmolóxicas, etc). Dende a OMIX estamos ó dispor de tódolos mozos e mozas de Antas para ampliar esta información, así como para a tramitación e solicitude do citado Carné. Para elo, os solicitantes deberán aportar somente unha fotografía tamaño carné, o seu DNI/NIF e facer efectiva unha taxa de 6 euros. No caso de maiores de 16 anos existe tamén a posibilidade de activar o Carné Xove como tarxeta financieira, o cal permitiría a súa utilización como medio de pago en tendas e tamén para ser utilizado en caixeiros automáticos.
Máis información en:
|