Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Novas

imagen

Granxa Familiar.com

Tres empresas de Antas -dos eidos da gandeiría e da horticultura- participan no Proxecto SINDUR, unha iniciativa da Universidade de Santiago en convenio cos Concellos de Antas de Ulla e Brión, aos que se uniron posteriormente se uniron outros Entes Municipais.

O Portal de internet, a través do cal se ofertan os diferentes productos é: Granxa Familiar



foto

O Concello de Antas de Ulla ten asinado un Convenio coa Universidade de Santiago para o desenvolvemento dun Proxecto denominado Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano Rexional (SINDUR).
O proxecto, no que tamén participa o Concello coruñés de Brión, así como a Fundación Caixa Galicia entre outras empresas e Institucións, consiste na creación e posta en marcha dun sistema de xestión que fomente a comercialización no mercado global dos productos elaborados en explotacións familiares.
Deste xeito preténdese achegar ós pequenos productores agrícolas a plataforma das novas tecnoloxías para comercializar os seus productos, ao tempo que se facilita ós consumidores finalistas un contacto directo co productor, con un beneficio dual para ambos, o que demos en chamar "CiberFeira".
O ambicioso Proxecto, dirixido polo profesor Carlos Ferrás Sexto, ven de por en marcha a web a través da cal se ofrecen os diferente productos.

O Proxecto está aberto á participación de novas empresas familiares. As persoas interesadas poden recabar máis información no Concello de Antas de Ulla ou a través da sección de contacto da páxina Web da iniciativa.

http://www.granxafamiliar.com

 


junta