Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Novas da categoría

imagen

Categorías

Novas da categoría

16-10-2009
Doazón de Sangue
Como ven sendo habitual, o Concello de Antas de Ulla colabora activamente co C. de Transfusións de Galicia no seu labor de concienciación dun acto de solidariedade doado e simple, pero persoal, como é  agasallar o teu sangue. Motivar aos cidadáns para que asuman a importancia de acadar o número de donantes recomendado pola OMS non só é un desexo; tamén un obxectivo.








02-09-2009
Restauración Igrexa de San Xoán

Concello de Antas de Ulla  ten en marcha as obras de restauración da vella Igrexa de San Xoán. Para elo o Concello conta cunha importante axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O orzamento previsto supera os 100.000 euros.










01-09-2009
Cuberta da Praza Nova

Con máis de 800 metros cadrados de superficie cuberta, a Vila de Antas de Ulla xa disfruta dun espazo cuberto para a celebración de múltiples actividades.

Coa  Festa dos Maiores do Municipio, inaugurouse a cuberta da Praza Nova.










26-01-2009
Danos Temporal

Un Bando da Alcaldía de Antas de Ulla fai pública a apertura dun Rexistro de damnificados polo temporal de vento sufrido na noite do venres-23 ao sábado-24 de xaneiro.

Na sua virtude, todos aqueles veciños que sufriran danos nos seus bens por mor do citado temporal, poden pasar polas Oficinas Municipais a fin de deixar constancia de ditos danos e posterior reclamación de axudas aos Organismos que corresponda.









18-11-2008
Comunicación de queima
Para obter autorización de queima é preciso chamar ao número 902 112 000 , onde se lles asignará un número  que deberá conservar coa fin de poder demostrar que dita solicitude foi xestionada.
Nas Oficinas Municipais serán atendidas aquelas dúbidas xurdidas sobre este particular.








09-05-2007
Campaña Carné Xove

A través da Oficina de Información Xuvenil, segue adiante a Campaña de altas no Carné Xove.

Benefíciate das suas importantes vantaxes.










junta