Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Novas

imagen

Categorías

Novas

19-02-2011
Festival Primaveira 2011

Ineludible cita de ocio para a Semana Santa 2011 en Antas de Ulla.

O Concello ten deseñado un completo programa  con unha variadísima oferta de actividades para os días 21,22,23 e 24 de abril de 2011 na vila de Antas.

(Acceder a este enlace para ver a oferta  de actividades de xeito detallado)









25-12-2010
Obradoiro de emprego
O Concello de Antas de Ulla xa ten en marcha o Obradoiro de emprego. Nesta ocasión os/as alumnas e alumnos participantes recibirán as ensinanzas necesarias para adquirir competencias en albañilería e xardiñería.








03-10-2010
Colexio Público
Según anunciou o Sr.  Conselleiro de Educación da Xunta da Galicia, durante o presente curso escolar, acometerase unha importante remodelación no Colexio de Antas de Ulla. Entre outras, será dotado dunha pista cuberta.
Na actualidade cursan estudos no Centro  perto de cen alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria.








16-10-2009
Doazón de Sangue
Como ven sendo habitual, o Concello de Antas de Ulla colabora activamente co C. de Transfusións de Galicia no seu labor de concienciación dun acto de solidariedade doado e simple, pero persoal, como é  agasallar o teu sangue.
O vindeiro venres, día 26 de novembro, teremos a Unidade Móbil en Antas para recoller as pingas de vida das ullás e ulláns.








02-09-2009
Restauración Igrexa de San Xoán

Durante o presente exercicio o  Concello de Antas de Ulla  acometeu as obras de restauración da vella Igrexa de San Xoán. Para elo o Concello contou cunha importante axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, cun orzamento  superior ós 100.000 euros.










01-09-2009
Cuberta da Praza Nova

Con máis de 800 metros cadrados de superficie cuberta, a Vila de Antas de Ulla xa disfruta dun espazo cuberto para a celebración de múltiples actividades.

Numerosas actividades e todo tipo de eventos xa tiveron como esceario axeitado este novo recinto ao longo do seu primeiro ano de existencia.










18-11-2008
Comunicación de queima
Para obter autorización de queima é preciso chamar ao número 902 112 000 , onde se lles asignará un número  que deberá conservar coa fin de poder demostrar que dita solicitude foi xestionada.
Nas Oficinas Municipais serán atendidas aquelas dúbidas xurdidas sobre este particular.








09-05-2007
Campaña Carné Xove

A través da Oficina de Información Xuvenil, segue adiante a Campaña de altas no Carné Xove.

Benefíciate das suas importantes vantaxes.










junta