Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Parroquias

imagen

Agüela (San Mamede)

Ten 60 habitantes distribuidos en 4 entidades de poboación: Agüela, Campo do Chao, A Parrocha e San Mamede
Situada no suroeste do Concello, limita co municipio pontevedrés de Rodeiro.
Prevalencia de explotacións de vacún de carne co aproveitamento de leite para a fabricación artesanal de derivados lácteos.
Conmemora as festas patronais na honra de San Lázaro.
Teléfono Público de San Mamede: 982 183590

Alvidrón (Santa María)

Parroquia situada ó norte dos límites do municipio. O Ulla separa Alvidrón do Concello de Palas de Rei no lugar de A Ponte Mercede.
Conta con tres núcleos de poboación: Alvidrón, Feás e Mancegar.
A sua Igrexa é unha das máis antigas mostras do románico en Antas de Ulla.
No último Padrón Municipal figuran censados nesta Parroquia 50 veciños, que celebran as festas patronais na honra do San Brais (3 de febreiro) e tamén por San Antón (13 de xuño).
Teléfono Público de Alvidrón: 982 183600

Amoexa (Santiago)

Parroquia con seis entidades de poboación: Amoexa, Caira, Casilmoure, Outeiro, Pereiras e Ribó. Entre todas teñen 96 habitantes, que gozan dunhas paisaxes e orografía envexables.
Con dimensionadas explotacións leiteiras, así como importantes extensións de terreo adicadas ó cultivo de castiñeiros novos.
Igrexa románica de moi esbelta factura con un ábside semicircular soportado por canecillos irregulares e columnas dóricas de laboriosa i esmeradas formas.
Situada ó sur do Concello, a parroquia de Amoexa celebra as festas patronais adicadas á Virxe do Rosario.
Teléfono Público de Amoexa: 982 183638

Antas (San Xoán)

A vila de Antas, capital do Municipo de Antas de Ulla, ten a sua orixe no núcleo de Seoane (antigo nome da capitalidade).
Resulta ser a parroquia máis poboada, con 711 habitantes repartidos nos núcleos de Antas, Carballo, Vilaboa e Vilane.
Celébranse as festas patronais o 24 de xuño na honra de San Xoán e tamén o 8 de setembro(Os Remedios).
O 10 de cada mes numerosos veciños e veciñas danse cita na vila con motivo da feira, que nos últimos anos volve cobrar a vitalidade e relevancia de antano.
Teléfono do Concello: 982 379251

Arbol (Santalla)

Os lugares de Funsín e Randulfe, con 40 habitantes, configuran esta parroquia situada ó norte do Concello.
Berce de mestres constructores de hórreos da bisbarra, a parroquia de Árbol celebra as suas festividades patronais na honra de Santa Eulalia e da Santa Cruz.
Teléfono Público de Randulfe:

Arcos (Santa María)

Xunto cos lugares de Cabo de Arcos, A Vilapequena, Veloín, Nugallás, Barbalde, O Pumar e A Fraga esta parroquia ten a honra de ser o Centro Xeográfico de Galicia, contando con 35 habitantes.
Celebra as suas festas patronais o día da Ascensión.
A Igrexa parroquial,data do románico de moi elaborada factura.
Paisaxes de frondosidade vexetal ó abrigo dos montes Faro e Farelo.

Areas (Santa Cristina)

Situada no sureste do Municipio, a parroquia de Santa Cristina de Areas conta con 87 habitantes, repartidos nas entidades de poboación de Castro, Santa Cristina, Outeiro, Río e A Somoza.
Precisamente esta aldea citada en último lugar, resulta ser o punto máis elevado de todo o Concello de Antas de Ulla 720 m), xa que no seu territorio está o Monte Farelo.
As festas patronais de Santa Cristina de Areas celébranse na honra do San Lucas.
Teléfono Público de Santa Cristina: 982 183866

Barreiro (San Cibrao)

Parroquia situada ó norte do Municipio. Está formada polas aldeas de Barreiro, Paredes, A Pedrouza, A Laxe, Ponte Mercé e Medeiro. Na actualidade conta con 50 habitantes que celebran as suas festas patronais na honra de San Cibrao.
Foi unha das primeiras parroquias do Concello na que se levou a cabo unha Concentración Parcelaria.
Teléfono Público de Barreiro: 982 183633

Casa de Naia (Santa María)

A Parroquia de Casa de Naia é, despois da capital do Municipio, a que conta con máis habitantes.Os seus 146 veciños repártense entre as aldeas de Aboi, Casa de Naia, Fondevila. Outeiro de Donas e Suar.
Historicamente esta parroquia foi moi coñecida pola celebración do Entroido, no que participaban moi activamente tódolos veciños.
No lugar de Aboi atópase o único hórreo totalmente elaborado en pedra de toda a bisbarra.
Cada ano, o día 16 de agosto, a parroquia celebra as festas da Ascensión.
Teléfono Público de Suar:982 183631

Castro de Amarante (Santo Estevo)

A parroquia de Santo Estevo do Castro de Amarante é unha das máis poboadas e con maior extensión de todo o Concello. Na actualidade ten 125 habitantes.
Os núcleos de poboación pertencentes a esta feligresía son O Castro, Chacín, Rececendes e Amarante.
A relevancia deste lugar antigamente, non so atinxe ó Concello de Antas de Ulla, se non que trascende a toda Galicia por mor de ser residencia dos Condes de Amarante.
Celébranse festividades na honra de San Francisco, de San Bartolomé e tamén de Santo Estevo.
Teléfono Público de Rececendes: 982 379257

Cervela (San Miguel)

Situada ó norte, limita coa parroquia de Antas e conta cos núcleos de poboación de Bertosende, Cervela, A Costa, O Pazo e Quintela; entre as que suman 91 habitantes.
Contén unha riqueza paisaxística que é o expoñente máis claro da biodiversidade autóctona da Galicia interior: bosques de castiñeiros e carballos entremézclanse co verde intenso dos pastos regados polo rio do Estanco (afluente do Ulla).
Celébranse as festas patronais o día 29 de setembro na honra do San Miguel.

Cutián (San Xoán)

Configuran esta Parroquia os lugares de Cruceiro, Cutián, Fonfría, Martín e Penela, entre os que se reparten 26 habitantes.
Situada ó noroeste da capitalidade, limita co concello pontevedrés de Agolada.
Percorrer, en bicicleta ou a pe, o camiño que baixa dende Fonfría ata Cutián proporcionará ó visitante o agasallo dunha das vistas máis fermosas da pureza e integridade da vexetación do noso Concello.
Celébranse as festas patronais na honra de San Xoán.

Cibreiro (San Miguel)

27 habitantes ten esta parroquia situada no sureste do municipio, limitando coa aldea rodeirense de Salto (Pontevedra).
Zona montañosa de importante riqueza cinexética e gandeira.
Celebra as suas festas patronais na honra de San Miguel. A Igrexa de Cibreiro é un dos contados templos católicos da bisbarra que ten a sua entrada principal cara o Este.
Teléfono Público de Cibreiro: 982 183634

Dorra (Santiago)

127 habitantes repartidos nos lugares de Alemparte, Os Carreiros, A Chapeleira, Dorra, Montecelos, O Pazo e A Ribadulla.
Resulta ser unha das parroquias máis extensas de todo o Concello, pola cal discorre o Ulla bañando os seus pastos e aportando unha riqueza paisaxística típica do noso Concello, no que o rio está totalmente integrado.
Celébranse as festas de Dorra o día Nacional de Galicia (25 de xullo).

Facha (San Xiao)

Parroquia con 61 habitantes repartidos nas aldeas de Eireixe, Facha, A Rigueira e Vilasante.
Situada ó noroeste do Municipio, conta con importantes explotacións de gando vacún de carne, basicamente de raza rubia galega.
Celebra as suas festas patronais na honra da Virxe do Carme.
Teléfono Público de Facha:982 379236.
Teléfono Público de Vilasante: 982 183460

Olveda (Santa María)

Os 85 habitantes desta Parroquia repártense nas poboacións de A Eirexe, A Ermida, A Escrita, Fondevila, Gonduriz e Puzos. (O lugar de Sindín pertence tamén á parroquia de Olveda, ainda que administrativamente sexa do Concello de Monterroso). As festas patronais celébranse na honra de Santiago.
A zona ubícase no sur do Concello e limita con Taboada e Monterroso.
As explotacións leiteiras son maioritarias nesta zona de orografía moi privilexiada.

Nas terras de Olveda nace o rio Ulla, que marca non só a demoninación do noso Concello; se non tamén a realidade vital dos seus habitantes.
Teléfono Público de Olveda:982 183400

Peibás (San Lourenzo)

65 habitantes nos núcleos de Peibás, Velanxil e Verín.
Parroquia eminentemente gandeira, con predominio do gando vacún de carne. Convén subliñar que deste tipo de vacún obtense tamén un leite de excelente calidade, que de sempre foi a base do excelente queixo artesanal de Antas e a sua Comarca.
Teléfono Público de Peibás: 982 183671.
Teléfono Público de Verín: 982 183632

Queixeiro (San Pedro)

Conta na actualidade con 38 veciños nos núcleos de Lebesende e Casteda, que celebran a sua festa patronal o día de San Pedro.
A parroquia enmárcase no centro do municipio, entre Peibás, Areas e San Mamede, nun val de verde intenso e de riqueza agrícola visible.
Teléfono Público de Lebesende:982 183461

Reboredo (Santiago)

Nos núcleos de Baldriz, Gradoi, Ourás e Martín concéntranse os 25 veciños desta Parroquia do noroeste do Concello de Antas de Ulla.
Xunto co veciño lugar de Barreiro, fíxose nos anos 90 a primeira Concentración Parcelaria en Antas de Ulla. Este feito impulsou a creación de modernas explotacións gandeiras adicadas á producción de leite.
Teléfono Público de Gradoi: 982 379162

Rial, O (Santo André)

41 veciños nos núcleos de O Rial e Timós.
A sua paisaxe, con vexetación e vistas de toda a Comarca son inmellorables, facendo moi suxestiva unha ruta de sendeirismo pola zona.
Situada nun frondoso val, ó sureste do Concello, esta parroquia celebra as suas festas patronais na honra de San Pedro.
Teléfono Público de O Rial: 982 183637

San Fiz de Amarante (San Fiz)

114 habitantes que residen nos núcleos de Bellós, Chorente, Ermide, Nugallás, San Fiz, O Seixo e Vilasión.
Situada na ladeira do Monte Farelo -con zona de petroglifos-, o val de San Fiz é unha das zonas coas vistas máis fermosas, facendo moi recomendable unha ruta de sendeirismo que pase por este lugar.
Ademáis da omnipresente figura do Monte Farelo, outro dos elementos característicos que de seguida son percibidos polo visitante é a presencia reiterada da auga.
As festas patronais celébranse na honra de San Marcos.
Teléfono Público de San Fiz: 982 183473

San Martiño de Amarante (San Martiño)

Conta con 70 habitantes, que residen nos lugares de Fontelo, Ludeiro, San Martiño do Carrasco e Santomé.
Resulta ser a parroquia máis ó Oeste do Municipio, facendo límite co Concello pontevedrés de Agolada.
A sua Igrexa parroquial ten un dos pórticos (no lateral da nave central) máis antigos do románico da bisbarra.
Ademáis do San Martiño, tamén se celebran festas nesta parroquia na honra de San Antón.

Santa Mariña de Amarante (Santa Mariña)

Entre As Augas, Frádegas (493 metros de altitude), Santa Mariña, Toande e Vilariño repártense actualmente os 135 veciños cos que conta a parroquia.
Santa Mariña tivo unha vital importancia no Concello de Antas de Ulla, chegando incluso a ostentar a capitalidade.
É unha das parroquias máis extensas do Municipio.
O Balneario de Frádegas e mailo Pazo de Santa Mariña fan que sexa de obrigada visita.
Teñen sona en toda a Comarca as Festas do Cristo, que se celebran o primeiro domingo de agosto.
Teléfono Público de Santa Mariña::982 173392
Teléfono Público de Frádegas: 982 183636

Santiso (Santalla)

Un só núcleo de poboación (Santiso) que acolle a 33 veciños.
Situada no centro do Concello, entre Casa de Naia, Peibás e Vilanuñe, a parroquia de Santiso conta con un Pazo (que toma o nome da feligresía).
Celebra as suas festas patonais xunto con Vilanuñe, o día da Ascensión.
Teléfono Público de Santiso: 982 379014

Senande (San Miguel)

50 habitantes na única entidade de poboación desta parroquia: San Miguel de Senande.
Limítrofe coa de Dorra, Senande é unha das parroquias con menos extensión do Municipio de Antas de Ulla.
A aludida proximidade con Dorra, fai que compartan a celebración das festas patronais o día de Santiago Apóstolo de forma conxunta.

Terra Chá (San Xurxo)

67 habitantes que se concentran nos núcleos de Regadío, Caldelas, O Cruceiro e San Xurxo.
Zona de riqueza forestal, con abundante presencia de carballos e castiñeiros.
O lugar de Caldelas tivo o privilexio de poseer o hórreo máis grande do Concello de Antas cos seus nove "claros" (o do Soengas).
Celebra as suas festas patronais na honra da Virxe do Carme.

Vilanuñe (San Salvador)

Unha única entidade de poboación, homónima do nome da parroquia, configura esta feligresía de 25 habitantes.
Celebra a sua festividade conxuntamente coa aldea veciña de Santiso, na honra da Virxe da Ascensión.
Teléfono Público de Vilanuñe: 982 379015

Vilapoupre (San Martiño)

93 habitantes repartidos nos lugares de Aldea de Riba, A Carreira, Castrillón, Pedrouzos, Portocarreiro e San Martiño.
Situada no noreste do municipio, Vilapoupre é percorrida de sur a norte polo rio Ulla, que matiza a sua paisaxe co verde intenso que as suas aguas proporcionan a esta terra.
Riqueza cinexética, piscícola, cárnica e queixeira.
Celebra as suas festas patronais na honra da Virxe das Angustias e, loxicamente, tamén ó San Martiño.