O Concello de Antas de Ulla, situado na provincia de Lugo, a
45 kilómetros da capital provincial, ubícase no límite coa provincia
de Pontevedra, ocupando exactamente o Centro
Xeográfico de Galicia. Integrado na Comarca
da Ulloa, limita ó norte con Palas de Rei, ó sur con Taboada
e a provincia de Pontevedra, no leste linda con Monterroso,
e no oeste coa provincia de Pontevedra.
A estrada N-640, de Vegadeo a Pontevedra, constitúe a principal
vía de acceso, sendo Antas de Ulla, pola súa ubicación e dada
a excelente rede viaria da que actualmente gozamos na Comunidade
Autónoma, un lugar ideal para desplazarse a calquera punto de
Galicia.
Conta cunha superficie de 104 km², distribuídos en 28 parroquias,
que albergan uns 100 núcleos de poboación, entre os que se reparten
os seus 2.600 habitantes.
O Concello de Antas de Ulla acomódase na vertente norte da Serra
do Farelo, sendo a altitude máxima do municipio a que alcanza
este monte, cos seus 956 m
O clima húmido e temperado presenta abundantes precipitacións
durante todo o ano, sendo as néboas pouco frecuentes (agás
en puntos moi concretos da conca fluvial do Ulla).
A paisaxe, eminentemente marcada polo Monte Farelo e o río Ulla,
caracterízase nas áreas máis elevadas por sinuosas montañas
que rodean a conca do río, formando unha planicie de suave relevo
cuberta por grandes extensións de árbores, sendo os máis característicos
os carballos e castiñeiros.
A economía do municipio basease principalmente na agricultura
e na gandeiría. O sector primario ocupa ó 60% da población activa.
No sector gandeiro predomina a cabana de vacún, sobre
todo a raza rubia galega para o seu aproveitamento cárnico,
e a raza frisona para a producción láctea.
Máis compre subliñar a relevancia da gastronomía,
con tres productos que lideran trascendendo incluso alén
do noso país ese eido: o pan de Antas, o queixo da Ulloa
e maila carne. Todo elo sin esquecer os ovos, as castañas,
cogumelos, espárragos, etc.