O CONCELLO
Perfil do Contratante
O Municipio
Qué Visitar
Servizos ó cidadán
|
Saúdo do alcalde
Desde esta terra, nacemento do río Ulla, situada no Centro Xeográfico de Galicia, abrimos hoxe esta fiestra para ver e ser vistos, co obxectivo primordial da dar a coñecer un lugar, nesta terra galega, no que o talante afable e accesible dos seus habitantes é reflexo do agradable medio en que vivimos.
Dentro do propio carácter dos seus habitantes, Antas prepárase para o futuro; o noso reto consiste en fomenta-lo desenvolvemento da súa economía, da súa cultura, da súa vida social, pero respectando os caracteres que a definen: unha sociedade rural galega, cunha economía baseada na explotación gandeira, agrícola, forestal e hortícola.
Invítote a te sorprenderes coa beleza deste municipio, coas súas fortalezas, pazos, o seu río e os seus regachos, preciosos pobos e como non, co cariño e a amabilidade das súas xentes.
Desde aquí, envío tamén
un saúdo moi especial a tódolos nosos compatriotas
que están lonxe, recordándolles que aquí
teñen a súa casa, e a este Alcalde á súa
enteira disposición.
Javier Varela Pérez |