Localización
ubicacion

Servizos ó cidadán

Asociacións

imagen

Asociación Cultural Fiadeira - Fiadeira



fotoFundada en 1996, a Asociación Fiadeira conta hoxendía con mais de 50 alumnos nas súas escolas de Baile e Música Tradicionais de Galicia. Tres seccións de Baile (infantil, xuvenil e adultos), e maila Escola de Música galega configuran o xoromelo desta Asociación que naceu precisamente dentro do colectivo da Asociación de Pais/Nais de Alumnos do Colexio Público da localidade.
Dentro de Fiadeira, o Grupo de Música Tradicional Charamela (na foto, unha imaxe do día da sua presentación, no ano 2000), leva percorrido coa sua música tódalas parroquias do Concello, así como múltiples vilas de Galicia.
Charamela ten levado o nome de Antas de Ulla alén das fronteiras do país; así actuou cidades portuguesas de Monçao, Valença do Minho e Lisboa.
Roberto Sala, Manoel Varela "Varelita" foron os directores e mestres do colectivo, que na actualidade conta con Miki Rodríguez neste posto.